O
CONCURSO REXERASE SEGUNDO AS SEGUINTES NORMAS:
Poderán participar no concurso todos
os estudantes do IES O Mosteirón .
Os traballos serán entregados ós
titores de cada curso.
A entrega das obras remata ás 14:00
horas do día 9 de febreiro do 2015.
ASUNTO E FORMATO.
A técnica para a realización dos carteis será
de libre elección e non deberá presentar dificultades para a reprodución de
impresión. Poderá ser debuxo, pintura, fotografía ou deseño dixital con técnica
libre e nas medidas de 48x32 cm. ou equivalentes (media cartolina). Tamén serán
válidos os traballos de composición (collages, murais, etc).
Só será aceptada unha obra por autor.
Este traballo debe ser orixinal e non ter sido presentado en calquera outra
competición anterior.
O tema do cartel será elixido
libremente polo artista , o único obrigatorio para figurar será o seguinte
texto: Festa de disfraces. Entroido 2015.
Os carteis poderán estar en vertical
ou horizontal.
CATEGORÍAS .
Como noutras ocasións crearanse catro
categorías: unha por curso.
E un
Premio Especial, que será elixido entre os catro anteriores.
PREMIOS.
Un
premio ó mellor de Primeiro da ESO
Un
premio ó mellor de Segundo da ESO
Un
premio ó mellor de Terceiro da ESO
Un
premio ó mellor de Cuarto da ESO
Un
premio Especial que se seleccionará entre todos os cursos.
O primeiro premio de cada curso
consistirá nun vale de 10 € para gastar na cafetería da escola.
O premio especial será un vale de 20
€ para gastar na cafetería da escola.
XURADO .
Estará composto por :
Un profesor.
Un membro do equipo de xestión da
escola.
Dous representantes da ANPA .
Criterios de valoración:
O xurado vai valorar a orixinalidade,
a creatividade do deseño e a calidade dos carteis presentados.
A decisión do xurado non é apelable. O
xurado non declarará deserto ningún dos premios nas diferentes categorías.
REQUISITOS.
Aceptación das normas .
A participación no concurso implica a conformidade coas disposicións das
normas que a regulan e a renuncia a calquera reivindicación. O xurado resérvase
o dereito de facer cambios nas regras sempre que implique unha mellora
para os participantes e a competición.
PRESENTACIÓN E PRAZO DE ENTREGA.
Os participantes deben entregar ó
titor o orixinal antes da data indicada. O traballo terá que ser asinado nas
costas e debe conter os seguintes datos: “Nome do participante e o curso”.
Os carteis pasarán a ser propiedade da
ANPA , que ten o dereito de uso e reprodución dos mesmos.
Os mellores traballos recibidos serán
mostrados na escola (a dirección do centro decidirá o momento e o lugar da
exposición).
Colabora: