jueves, 8 de mayo de 2014

De Vaca Films:





Bo día, chámome Celia Parra. Escríbolles desde Vaca Films, produtora de cine de A Coruña, responsable de películas como "Celda 211", "Invasor" ou "Somos xente honrada".
Durante este verán rodaremos a nosa próxima película: "El desconocido", dirixida polo director galego Daniel de la Torre e protagonizada por Luis Tosar.
Con motivo da rodaxe do filme, abrimos un proceso de casting no que estamos buscando a un neno de 8 - 9 anos e unha nena de 14-15 anos para os papeis protagonistas. 
O motivo deste mail é solicitarlles colaboración. Dita colaboración consiste en que poidan poñer esta información da realización do casting en coñecemento de alumnos e pais, do xeito que consideren máis oportuno. Agradeceriamoslles que puidesen trasladar esta información ás aulas e á ANPA, repartir unha circular entre os alumnos ou colocar algún cartel no centro.
Neste primeiro casting, tomariamos unha foto do neno ou nena e fariamoslle unha pequena entrevista para ver a súa naturalidade e expresividade. Non se trata dunha proba interpretativa. Nun segundo casting si fariamos unha pequena proba  ós seleccionados para comprobar as súas dotes de interpretación ou improvisación. 
ESTAMOS INTERESADOS EN FACER CASTING A:
.- NENOS DE 3º,4º E 5º DE PRIMARIA
.- NENAS DE 1º,2º,3º, 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO
Adxúntolles unha autorización de participación que debe ser firmada polos pais e un cartel coa información principal sobre a convocatoria. 

O casting realizarase esta fin de semana en A Coruña:
Localización: Centro Comercial Los Cantones Village, Avda. Alférez Provisional, 3, planta baixa.
Horarios: Venres de 16:30h a 20:30h 
Sábado de 10:30h a 14:30h e de 16:30h – 20:30h 




Pregamos pasen aviso a pais e nenos interesados.
Moitas gracias,
Reciban un cordial saúdo
-- 
Celia Parra
VACA FILMS
C/ Juan Flórez 33-35, 1º dcha.
15.004, A Coruña
(SPAIN)
Tel.: (+34) 881 917 566
Fax: (+34) 881 894 671





Autorización participación casting “EL DESCONOCIDO”


Eu ………………………………………………………………………, con D.N.I. ……………………………… pai/nai/titor legar do neno/nena ……………………………………………………de ...... anos, alumno/alumna do centro ........…………………………………………. e que na actualidade se atopa cursando ……………………. autorizo a que participe no casting da película “El Desconocido”, que se rodará durante os meses de verán.
En ……………………, a …… de ……………… de 2014.

Asinado


……………………………….