viernes, 31 de enero de 2014


BASES do 1º CONCURSO DE CARTEIS “ENTROIDO 2014” .
O Concurso rexerase segundo as seguintes normas:
Poderán participar no concurso todos os estudantes do IES O Mosteirón .
Os traballos serán entregados ós titores de cada curso.
O xurado seleccionará o cartel que considere adecuado para ser usado como cartel anunciador do festival do entroido 2014 do colexio.
A entrega das obras remata ás 14:00 horas do día 14 de febreiro do 2014.

ASUNTO E FORMATO.
A técnica para a realización dos carteis será de libre elección e non deberá presentar dificultades para a reprodución de impresión. Poderá ser debuxo, pintura, fotografía ou deseño dixital con técnica libre e nas medidas de 48x32cm. ou equivalentes (media cartolina). Tamén serán válidos os traballos de composición (collages, murais, etc).
Só será aceptada unha obra por autor. Este traballo debe ser orixinal e non ter sido presentado en calquera outra competición anterior.
O tema do cartel será elixido libremente polo artista , o único obrigatorio para figurar será o seguinte texto:” Festa de disfraces. Entroido 2014. Mosteirón ” , na orde que máis vos guste.
Os carteis poderán estar en vertical ou horizontal.
CATEGORÍAS .
Como noutras ocasións crearanse catro categorías: unha por curso.
E un Premio Especial, que será elixido entre os catro anteriores.
PREMIOS.
Un premio ó mellor de Primeiro da ESO
Un premio ó mellor de Segundo da ESO
Un premio ó mellor de Terceiro da ESO
Un premio ó mellor de Cuarto da ESO
Un premio (Especial) ó cartel seleccionado para anunciar o entroido 2014.
O primeiro premio de cada curso consistirá nun vale de 10 € para gastar na cafetería da escola.
O premio especial será un vale de 20 € para gastar na cafetería da escola.
XURADO .
Estará composto por :
Un profesor.
Un membro do equipo de xestión da escola.
Dous representantes da ANPA .
Criterios de valoración:
O xurado vai valorar a orixinalidade, a creatividade do deseño e a calidade dos carteis presentados.
A decisión do xurado non é apelable. O 19 de febreiro, publicaranse os nomes dos gañadores no blog da asociación: anpaiesmosteiron.blogspot.com.es
O xurado non declarará deserto ningún dos premios nas diferentes categorías.
REQUISITOS.
Aceptación das normas .
A participación no concurso implica a conformidade coas disposicións das normas que a regulan e a renuncia a calquera reivindicación. O xurado resérvase o dereito de facer cambios nas regras sempre que implique unha mellora para os participantes e a competición.
PRESENTACIÓN E PRAZO DE ENTREGA.
Os participantes deben entregar ó titor o orixinal antes da data indicada. O traballo terá que ser asinado nas costas e debe conter os seguintes datos: “Nome do participante e o curso”.
Os carteis pasarán a ser propiedade da ANPA , que ten o dereito de uso e reprodución dos mesmos.
Como fixemos coas tarxetas de Nadal, os mellores traballos recibidos serán mostrados na escola (a dirección do centro decidirá o momento e o lugar da exposición).
O cartel gañador anunciará o festival do entroido 2014.


Colabora:

No hay comentarios:

Publicar un comentario